viernes, 19 de junio de 2015

COREOGRAFÍA 6ºB

Ante tanta demanda deixo aquí a coreografía realizada polo alumnado de 6ºB. Disfrutádeo!


I CAMPIONATO DE XADREZ


Durante os recreos dos últimos dous meses tivo lugar no centro un campionato de xadrez. Neste evento participaron máis de 25 nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria. Moitos foron premiados por invertir o seu tempo nunha disciplina tan atractiva coma complexa e recibiron diplomas como árbitros oficiais do cole. Noraboa a tod@s!










 

jueves, 18 de junio de 2015

ENTREGA MEDALLAS DEPORTE NA ESCOLA

O pasado 5 de xuño celebrouse no espazo natural da Calzada (Ponte Caldelas) a entrega de medallas do deporte na escola do curso 2014/2015. Aquí queda un vídeo resumo con fotos dos participantes e premiados do noso centro. Vémonos para o ano que vén!











sábado, 6 de junio de 2015

CAMPIONATO DE BRILÉ

Durante o mes de maio tivo lugar un campionato de brilé entre diferentes equipos do 2º ciclo de Primaria. A través desta actividade conseguimos que o alumnado aprendese a respectar as diferentes regras do xogo así como transmitir os valores que calquera actividade física require para a súa práctica. Para isto debemos ter en conta que foron os propios nenos e nenas os que fixeron os equipos, os que se encargaron de arbitrar, cubrir actas, preparar o terreo de xogo...
Esta actividade pretende que os participantes sexan capaces de reflexionar sobre a dificultade e a importancia dos diferentes axentes que participan en calquera torneo deportivo. Estes foron os equipos que participaron.











MUÍÑOS DE TABOADELO

O pasado 13 de maio, o alumnado de 2º ciclo de Primaria participou nun xogo de orientación neste marco natural mágnífico co que conta o concello de Ponte Caldelas. Esta actividade consistiu na busca por grupos, de diferentes balizas e especies da flora autóctona. Os equipos estaban compostos por nenos e nenas mesturados dos diferentes niveis e cursos deste ciclo. A xornada serviunos para promover a importancia da natureza na nosa contorna e para que o alumnado aprenda a valorar o traballo en equipo e a cooperación como un dos piares básicos da Educación Física.



viernes, 8 de mayo de 2015

ACROSPORT

Magnífico traballo realizado polos grupos de 6º na modalidade de Acrosport. Aquí vos queda unha mostra. Recoméndovos que os vexades, seguro que aprendedes moito!





XORNADAS DEPORTE ESCOLAR

Aquí vos queda un vídeo recopilatorio das mellores fotos e videos do Deporte Escolar, celebrado en Ponte Caldelas e A Reigosa. Disfrutádeo!


martes, 9 de diciembre de 2014

SOUTELO DE MONTES 2014. CROSS

Aquí estamos de novo, un ano máis, para presentarvos a primeira proba do Deporte Escolar deste curso 2014-2015. A través deste vídeo poderedes ver as mellores imaxes do evento, así como unha serie de entrevistas feitas polos nenos e nenas de 6º de Primaria. Agardamos que vos guste!





miércoles, 25 de junio de 2014

ENTREGA DE MEDALLAS NO DEPORTE ESCOLAR 4º

Como non podía ser doutra maneira, todos os que participamos no deporte escolar recibimos a nosa ben merecida medalla.
Neste vídeo podedes ver aos nenos de 4º disfrutando do seu merecido premio.

 Medallas 4º

martes, 24 de junio de 2014

6º CONTRA FORCAREI

Faltabamos os nenos de 6º por despedirnos.
Con este vídeo damos por concluido o ano no Deporte Escolar.
Foi un ano magnífico, xogamos, divertímonos, coñecemos a outros nenos.... en fin que foi unha experiencia inmellorable.
O certo é que imos a botar moito en falta estes encontros, pero como todo  remata, agora empezamos unha nova etapa que de seguro será tan bonita como esta recén rematada.

 6º contra Forcarei